3, Contos con Paula Carballeira
O Exército Mekemeke segue sumando forzas e medrando en galegas adeptas. Paula Carballeira convértese na nosa primeira mekemeke. Isto aparenta que cada vez vai a mellor Carlos Vieito abre o programa falando dese suposto discurso dun futuro apagón eléctrico que comezou a estenderse polas redes como un rumor para converterse en algo sobre o que preocuparse, ou non. O xeneral mekemeke Miguel colle o relevo para traer o tema da dobraxe no cine escollendo como exemplo a figura dun mestre entre mestres: Constantino Romero. Despois dunha breve entrevista coa mekemeke de honor, Paula Carballeira, Xubi pon fin o programa co seu novo bigote e tamén, de forma secundaria, eses grandes combates, cheos de personaxes icónicas que tanto nos sorprenderon de peques e que seguen en alza como é o mundo da WWF ( Pressing Catch). Forma parte da nosa lexión de mekemekes que invadan de risas o mundo e o fagan un chisco mellor.
|
|