Cristina Fernández Cantiga do neno da tenda de Federico García Lorca
CANTIGA DO NENO DA TENDA de Federico García Lorca Canta: Cristina Fernández Cantiga do neno da tenda (Seis poemas galegos) Federico García Lorca Bos Aires ten unha gaita sobro do Río da Prata, que a toca o vento do norde coa súa gris boca mollada. Triste Ramón de Sismundi Aló, na rúa Esmeralda, basoira que te basoira polvo d estantes e caixas. Ao longo das rúas infindas os galegos paseiaban soñando un val imposíbel na verde riba da pampa. Triste Ramón de Sismundi Sinteu a muiñeira d ágoa mentras sete bois de lúa pacían na súa lembranza. Foise pra veira do río, veira do Río da Prata. Sauces e cabalos núos creban o vidro das ágoas. Non atopou o xemido malencónico da gaita, non víu o imenso gaiteiro coa boca frolida d alas; triste Ramón de Sismundi, veira do Río da Prata, víu na tarde amortecida bermello muro de lama.
|
|